Cookies
Aviso legal
Información xeral
Estas disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o “Portal') que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet.
A Xunta de Galicia é a responsable do dominio de segundo nivel “negocio.laceseconomiasocial.com ”, e dos distintos elementos nel incluídos.
O contido deste portal é subministrado polas entidades socias do proxecto europeo POCTEP de cooperación transfronteiriza denominado LACES, que está cofinanciado nun 75% polo FEDER no marco do programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.
O proxecto LACES ten como fin último contribuír ao fomento e consolidación da economía social na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para conseguir un salto cuantitativo na súa capacidade para xerar e consolidar emprego. No proxecto participan, ademais da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Emprego, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Tras os Montes e Alto Douro, TecMinho, a Associação para o Centro de Incubação de Base Tecnológica do Minho, a Agência de Desenvolvimento Regional do Vale do Ave e as asociacións de economía social de Galicia Espazocoop, Agaca e Aesgal.
O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.
A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
A Xunta de Galicia non asume responsabilidade ningunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.
A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
Propiedade intelectual e industrial
Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.
Privacidade
Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza o Portal, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:
Cookies propias: son enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte do usuario.
Cookies de terceiro: o Portal usa as cookies da ferramenta Google Maps, que se utiliza para visualizar ubicacións xeográficas, a información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.
Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Maps a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Maps
Para ver a politica de cookies empregada por Google detalladamente, prema aquí enlace
Protección de datos
As persoas usuarias deste Portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo en que poden exercitar os dereitos, o contacto cos Delegados e Delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos
Uso de linguas
O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán. Ademais, por estar enmarcado nun proxecto transfronteirizo, os contidos están tamén dispoñibles en idioma portugués.
Lei aplicable e xurisdición
Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.