Noticias

A Impresión 3D faise maior: exemplos de grandes obxectos creados pola fabricación aditiva

A impresión 3D ou fabricación aditiva é unha das tecnoloxías con máis empuxe actual e máis prometedoras do futuro. O mercado global da impresión en 3D valorouse en 13.700 millóns de dólares en 2019 e espérase que alcance un valor de 63.460 millóns de dólares en 2025, cun crecemento anual estimado do 29% entre 2020 e 2025.

A diminución dos prezos das máquinas baseadas na fabricación aditiva, xunto coa crecente experiencia e conciencia, aumentou a dispoñibilidade desta tecnoloxía. Os novos e avanzados métodos de modelaxe permitiron uti ...

A Xunta pon á disposición de empresas, comercios e autónomos máis de 60 expertos para asesoralos e facer fronte ao impacto da covid-19

A través do Igape Responde achegan consultoría gratuíta en rede, que inclúe 14 medidas dispoñibles de acción inmediata

Os autónomos e as pemes poderán atopar novas fontes de ingresos, captar e fidelizar clientes ou mellorar a cohesión dos equipos, entre outros resultados

Este mércores terá lugar o primeiro dos webinarios que informarán dos apoios dispoñibles en cinco ámbitos diferentes: xeral, financeiro, de negocio, operacións ou persoas  

O software libre permite o acceso tecnolóxico a millóns de persoas e está moi presente no noso día a día. Estes son algúns exemplos populares

O software libre parece ir gañando terreo e popularidade, estando cada vez máis presente na nosa vida diaria. Cando utilizamos ese termo, referímonos a “software que se distribúe con condicións nas súas licenzas que garanten que calquera usuario, e para calquera fin, poida empregar, estudar, modificar e publicar o software con novas modificacións”. Con motivo da celebración do Día Mundial do Software Libre o sábado 19 de setembro, repasamos a súa historia e algúns dos exemplos máis significativos.

Richard Stallman está considerado o ...

O mundo da programación está de celebración o día 256 de cada ano. Sabes por que? Descubre algunhas curiosidades sobre esta profesión tan solicitada

O 12 de setembro é un día especial para os programadores de todo o mundo: celébrase o Día do Programador. En realidade, esta celebración ten lugar o día 256 de cada ano, o que vén sendo o 13 de setembro nos anos comúns e o 12 de setembro nos anos bisestos, coma este no que nos atopamos.

O número 256 (para os entendidos, día hexadecimal 100 ou 28) foi escollido porque é o número de valores distintos que se poden representar con un byte de oito bits, un valor ben coñecido polos programadores. Os aínda máis entendidos decataranse de ...

A nube é unha tecnoloxía clave na transformación dixital das empresas pero, que fitos superou ata chegar a ser tan importante?

Os investimentos destinados á transformación dixital das empresas seguirán mantendo un importante dinamismo na situación actual. Segundo a consultora IDC, no próximo ano crecerán un 10% ata situarse en 1,3 billóns de dólares. Entre as tecnoloxías con maior impulso destaca o modelo de informática na nube (cloud en inglés), que xa alcanzou a súa plena consolidación, abríndose paso entre a gran variedade de tecnoloxías que permiten axilizar a posta en marcha de modelos dixitais.

Para quen non o saiba, o concepto de computación na nube ou cloud computing (en inglés), ut ...

O emprego feminino no hipersector TIC galego aumenta case o 18% nos últimos cinco anos, pero a fenda de xénero continúa

Nos últimos cinco anos aumentou nun 17,6% o número de mulleres que traballa no hipersector TIC (que engloba as áreas TIC e Contidos) en Galicia, pero este incremento non foi suficiente para reducir a fenda de xénero, xa que a proporción de homes (66,6%) é practicamente o dobre da feminina (33,4%). Isto débese a que o ritmo de crecemento da porcentaxe de homes é superior á das mulleres.

Estas son algunhas das conclusións recollidas nunha nova edición do estudo temático “As mulleres e as TIC”, publicado polo Observatorio da Sociedade da ...

O hashtag é unha icona da nosa cultura dixital. Desvelamos algunhas curiosidades sobre a súa orixe e usos

O hashtag ou cancelo parece que leva connosco toda a vida, tendo en conta a ampla presenza e relevancia que ocupa nas nosas relacións dixitais, que cada vez son máis frecuentes e consomen un maior tempo das nosas rutinas. Pero o certo é que o próximo 23 de agosto celebra tan só 13 anos de vida (que en Internet son unha eternidade).

Tal día de 2007, Chris Messina, o seu creador, propuxo utilizar o cancelo para agrupar en Internet contidos interesantes para persoas que compartiran intereses ou unha mesma conversa. E velaquí un primeiro matiz impo ...

Dispositivos electrónicos como unha extensión máis do noso corpo? Repasamos as últimas tendencias en nanotecnoloxía, microchips e implantes

O concepto híbrido persoa-máquina está presente na ciencia ficción desde o século XIX e, xa no XX, foi máis frecuente ver esta figura na cultura popular. No cinema, son coñecidos os cíborgs de Terminator, Mad Max ou Robocop, nos que organismos humanos se mesturan con sistemas cibernéticos, dando lugar a novos “seres”.

A día de hoxe, os cíborgs xa non son exclusivos da gran pantalla ou da imaxinación. En todo o mundo estímase que unhas 50.000 persoas teñen algún tipo de dispositivo electrónico implantado no seu corpo. Un dos países ...

Axenda Dixital 2025 de España: cales son os seus eixes? Que tecnoloxías 4.0 potenciará? Destacamos estes e outros detalles

España vén de presentar a súa Axenda Dixital 2025, que espera que sexa unha ferramenta clave no avance da transformación dixital no país, tanto no sector privado como público. Trátase da sucesora da folla de ruta de 2013, pero dalgunha forma é moito máis especial, non só polo grande avance da economía dixital nos últimos anos, senón tamén como consecuencia dos últimos acontecementos.

Durante os meses de restrición da mobilidade provocada pola pandemia da covid-19, fíxose patente a capacidade e resiliencia das redes de telecomunicació ...

Docuten, única empresa española que participa no proxecto Euroinv para promover a factura electrónica en Europa

A dixitalización avanza a todos os niveis. A gran maioría de empresas e entidades xa utilizan canles en liña para dotarse de maior visibilidade e atender a súa clientela ou audiencias. Precisamente a comunicación e o marketing son dous dos campos nos que a expansión dixital avanzou máis, pero hai outros nos que se progresa con paso firme, como a dixitalización de sinaturas e facturas.

Neste eido, unha empresa galega, Docuten, acumula unha ampla traxectoria. De feito, Docuten é a única empresa española que participa no proxecto Euroinv, impu ...

Páxinas