Noticias

Case a quinta parte das pemes e grandes empresas galegas desenvolve actividades innovadoras

Galicia sitúase entre as comunidades autónomas españolas que acollen un maior número de empresas innovadoras. Son máis de 1.500 empresas que contan con dez ou máis persoas traballadoras (é dicir, pemes e grandes empresas). Isto supón case a quinta parte das entidades con este volume de emprego. Só cinco autonomías superan a Galicia, a maioría moito máis poboadas, como Andalucía, Cataluña ou Madrid.

Do total de empresas, a maioría (1.207) son innovadoras de procesos de negocio e máis da metade (793) de produto. Máis de medio millar (56 ...

Santiago de Compostela será o epicentro da intelixencia artificial europea pola súa acollida da Conferencia ECAI 2020

En pleno verán, desde o 29 de agosto ata o 8 de setembro, Santiago de Compostela será o epicentro do sector da intelixencia artificial europea. Entre esas datas celebrarase a 24ª Conferencia Europea sobre Intelixencia Artificial (ECAI 2020), que nesta edición, debido ás restricións sanitarias provocadas pola pandemia da covid-19, será completamente dixital. Trátase do encontro de investigación máis importante sobre esta tecnoloxía do continente e este ano o seu lema é Facendo camiño cara a unha intelixencia artificial centrada nas persoas.

O foco, nas perso ...

O hipersector TIC roza o 3% da economía galega tras sumar máis dun milleiro de empregos e preto de 200 novas empresas no último ano

O hipersector da tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) é un dos protagonistas e motores da transformación dixital da economía e encadea anos consecutivos de crecemento e diversificación. Neste sector operan numerosas empresas de economía social que, ademais de xerar riqueza e emprego, participan nun dos cambios tecnolóxicos máis importantes da nosa sociedade nas últimas décadas.

O último informe do Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Amtega da Xunta de Galicia, confirma o auxe das empres ...

A Xunta defende que o cooperativismo é un motor económico de Galicia ao dar a máxima prioridade ás persoas e promover o traballo inclusivo

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Cambre (A Coruña), na sede de Vangarda, na celebración do Día do Cooperativismo

Desenvolveuse un encontro con cinco cooperativas galegas no que, ademais, Conde escoitou as iniciativas das persoas comprometidas coa economía social, xa que as conversas puideron seguirse en directo por Facebook e Youtube

Economía circular, ecoloxía e solucións para os retos do rural, entre os eixes das estancias transfronteirizas do Proxecto LACES

O Proxecto LACES ten entre os seus eixes principais o impulso da colaboración e fomento de sinerxías entre empresas e entidades de economía social de Galicia e o Norte de Portugal. Ese intercambio de coñecementos e intercooperación tivo un dos seus máximos expoñentes nas estancias transfronteirizas.

Nelas participaron máis de 30 empresas e entidades de ambos lados do Miño, entre as que se atopan cooperativas, fundacións e asociacións de empresas e de produtores do eido da economía social. Algunas das entidades participantes son referentes ...

Redes sociais non gobernadas por algoritmos? Son posibles? Coñecemos algúns exemplos e opinión de expertos

A finais de 2019 presentouse unha nova rede social, Launchyoo, con sede en España, que nacía baixo a premisa de non depender dos algoritmos para xestionar o funcionamento das relacións entre as súas persoas usuarias. Como indicaba na súa carta de presentación, a plataforma “promete unha xestión innovadora do feed (ou muro de actualizacións) baseada en palabras clave que axudarán a construír o que a cada persoa realmente lle interesa”.

A plataforma está aberta a todos os públicos, se ben, nesta fase inicial dirixe gran parte dos seus es ...

VermisLab: innovación educativa que espalla a Industria 4.0 desde Galicia para o mundo

A innovación non só ten que ver coa creación da tecnoloxía, senón tamén coa forma de explicala e difundila entre distintos públicos. Un exemplo claro é VermisLAB, un espazo de innovación educativa que busca impulsar a creatividade de persoas de todas as idades en eidos como a ciencia, a tecnoloxía e o deseño a través dunha filosofía baseada nestes tres modelos de pensamento.

A idea de crear VermisLAB xurdiu da inquedanza de Enrique e Marcos Saavedra que, pese a levar o mesmo apelido, non son irmáns. Pero si compañeiros de soños e de pr ...

A Xunta impulsa tres novas liñas de apoio á dixitalización por 16M€ para facilitar a reactivación do comercio, autónomos e pemes

Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria por 7M€ dos cheques de dixitalización para facilitar o teletraballo e o desenvolvemento de iniciativas empresariais no rural e a economía social

Tamén se convocan os apoios por 3,6M€ para favorecer a internacionalización do tecido produtivo a través do comercio electrónico

Ao abeiro do Plan de reactivación económica impulsado polo Goberno galego, a próxima semana abrirase unha nova convocatoria das axudas á dixitalización das pemes dotada con 5,4 millóns de euros

Páxinas