De audio a texto: coñecemos algunhas das aplicacións que usan a intelixencia artificial para transcribir as conversas
As mensaxes de voz están cada vez máis presentes nas nosas comunicacións. Segundo a consultora ComScore en 2020 o 50% das procuras en buscadores son por voz. No fogar contamos coa axuda de asistentes de voz (como Siri ou Alexa), que tamén nos acompañan no teléfono móbil, ben sexa para facer consultas ou guiarnos na procura dunha localización.
Precisamente no móbil, os arquivos de audio son moi útiles nas aplicacións de mensaxería instantánea. Evitan que a persoa usuaria teña que teclear e cometer erros de escritura, que poden dar lugar a ...