Smartwood, a aplicación galega que permite a xestión das parcelas rurais desde o móbil
“Fincas vivas, fincas produtivas”. Con este lema define o equipo de Smartwood a súa aplicación tecnolóxica, creada para obter información en tempo real sobre as parcelas rurais para avaliar cal pode ser o seu mellor uso. “Achegamos toda a información que precisa a persoa propietaria para que tome unha decisión: que pode plantar, como facelo e que persoal técnico lle pode axudar”, explica José Luis Gude, CEO de Aleutos Solutions, empresa impulsora do proxecto Smartwood.
Gran parte da información que inclúen na aplicación é pública, ...