Nace Infab Hub, o primeiro centro de innovación da eurorrexión que axudará a empresas industriais e pemes doutros eidos a mellorar a súa dixitalización
As empresas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal teñen desde hai uns días un novo apoio para potenciar e optimizar a súa dixitalización: Infab Hub. Este é o nome do primeiro hub de innovación dixital (Digital Innovation Hub nas súa denominación en inglés) con vocación transfronteiriza que se constitúe neste territorio.
Está coordinado e liderado pola patronal do sector do metal de Galicia, Asime, pero conta co respaldo e colaboración de máis de 15 entidades, entre elas o Consorcio Aeronáutico Galego, a Confederación de Industrias ...