CaixaBank Research publica o seu primeiro Informe Sectorial Agroalimentario

CaixaBank Research publica o seu primeiro Informe Sectorial Agroalimentario

Nova 2
  •  CaixaBank  Research publicou o seu  primeiro Informe Sectorial Agroalimentario “Un sector crave para a economía e para a sociedade”, o cal se estrutura en 4 bloques principais:

1) Situación e perspectivas: o sector agroalimentario español evolucionou de maneira moi positiva nos últimos tempos e está a resistir razoablemente ben á desaceleración do sector manufactureiro, ao estar menos ligada ao ciclo económico.
2) Sector exterior: a gama de produtos agroalimentarios que exporta España cada vez é máis ampla e abarca máis destinos. Pero non só é importante exportar moito, senón a complexidade do que se exporta.
3) Estrutura da oferta: a agroalimentaria é a primeira rama industrial española en termos de valor engadido e emprego, e presenta unha estrutura empresarial moi atomizada, dominada polas empresas pequenas.
4) Inclusión financeira: as oficinas bancarias teñen un papel fundamental á hora de evitar a exclusión financeira da poboación rural e, desde un punto de vista  comercial, contan coa vantaxe da especialización nun sector capital: o agrario.

O obxectivo de CaixaBank Research é crear e divulgar coñecemento dentro e fóra da entidade a partir da investigación e a análise económica, engadindo valor ao proceso de toma de decisións de  CaixaBank, apoiando á dirección e ás unidades de negocio, e contribuíndo ao debate público e á difusión da economía na sociedade.

A través das súas publicacións, estimula o debate e o intercambio de experiencias entre todos os sectores da sociedade e favorece a divulgación dos grandes temas da contorna socioeconómica do noso tempo, situándoos ao alcance do maior número posible de persoas e empresas, sen renunciar, en ningún caso, ao rigor científico e metodolóxico.

O informe completo pódese consultar en (texto en español): https://www.caixabankresearch.com/sites/default/files/documents/isagroalimentario2019_esp.pdf 

Fonte (texto en español): http://www.catedragrobank.udl.es/es/actualidad/caixabank-research-publica-su-primer-informe-sectorial-agroalimentario