Día Internacional da Muller Rural: As “millennials” queren ser agricultoras. Increméntase o número de mulleres titulares dunha explotación agraria en España.

Día Internacional da Muller Rural: As “millennials” queren ser agricultoras. Increméntase o número de mulleres titulares dunha explotación agraria en España.

Nova 2

A análise dos datos da última Enquisa de Explotacións Agrarias publicada en 2017 fala de 285.467 mulleres titulares ou xefas de explotación agraria, o que supón un incremento de 7.123 mulleres agricultoras respecto ao comezo da presente década (278.344). “Este aumento na incorporación de mulleres á actividade agraria cobra especial relevancia nun contexto de perda de explotacións e convida o optimismo porque se concreta especialmente entre as menores de 30 anos, cuestión vital para asegurar unha substitución xeral sustentable no campo español e un futuro para o noso medio rural”, subliñou Inmaculada  Idañez, responsable da área da Muller de COAG e Presidenta de  CERES.

O avance do estudo estratéxico, que COAG e  CERES están a ultimar para impulsar o emprego feminino no medio rural,  recolle que tan só 4 Comunidades Autónomas reduciron a porcentaxe de mulleres titulares ou xefas de explotación: Madrid, Cataluña, A Rioxa e Murcia. O resto de Comunidades Autónomas aumentaron o protagonismo das mulleres neste segmento. Son destacables os incrementos en País Vasco (5,16%) Cantabria (3,99%) Baleares (3,77%) e Andalucía (2,98%).

O máis preocupante é a porcentaxe global de mulleres titulares menores de 30 anos, que non supera o 1% do total en cada Comunidade Autónoma, salvo en Andalucía (1,15%) e Cataluña (1,37%). Pola contra, a porcentaxe de mulleres titulares e xefas de explotación de máis de 65 anos supera en todas as Comunidades Autónomas o 35%, e  en 6 Comunidades supera o 50%. “Isto significa que, nos próximos 5 anos, deberían incorporarse ao redor de 100.000 mulleres agricultoras para lograr a substitución xeracional que garantise a substitución e o mantemento das mulleres no campo”, precisou  Idañez.

- Fonte (texto en español)https://agroinformacion.com/las-millennials-quieren-ser-agricultoras-se-incrementa-en-mas-de-7-000-el-numero-de-mujeres-al-frente-de-una-explotacion-agraria/