Loxística 4.0 na economía social: en que sectores hai máis oportunidades de negocio?

Nalgúns dos sectores máis importantes na economía da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, preséntanse grandes oportunidades para crear ideas de negocio que axudan a optimizar e mellorar o proceso loxístico, aplicando as tecnoloxías da Industria 4.0 e os recursos que forman parte da Loxística 4.0, tales como drons, vehículos intelixentes, IoT, robótica de enxame, identificación por radiofrecuencia (RFID), etc.
Coa loxística 4.0 preténdese que os produtos cobren “intelixencia” e poidan “tomar decisións eles mesmos”, para ser máis autónomos a través do proceso de produción e de distribución. Porén, as súas vantaxes destacan máis nuns sectores que outros e, segundo a Academia de Economía Social do proxecto LACES, hai catro sectores que destacan sobre os demais.
Sector do automóbil
Dentro da automoción, a loxística 4.0 pode abarcar grandes oportunidades e traer grandes vantaxes ao mercado, xa que en moitas empresas do sector vese a aplicación desta tecnoloxía para as seguintes funcións:
-
Xestión de frotas.
-
Obter información en tempo real sobre produción, mantemento e rendemento dos vehículos.
-
Selección especializada e comunicación inmediata con provedores necesarios para reparacións e recambios.
-
Personalización de vehículos segundo distintos tipos de clientes.
-
Aumentar a seguridade dos operarios.
-
Localización de vehículos, reparacións e materiais por medio de ubicuidade e conectividade en liña.
-
Instalacións de e-call.
-
Creación de sistemas de transporte intelixente.
-
Visualización de indicadores de produtividade e de fallos.
-
Obtención de ciclos estritos de programación para actividades produtivas.
-
Traballar con comunicacións unificadas.
Sector téxtil
É outro dos sectores que maiores vantaxes obtén ao aplicar unha das tecnoloxías ou elementos que compoñen a loxística 4.0, debido á cadea produtiva e de distribución que representa. Entre as oportunidades de negocio pódense extraer as seguintes:
-
Produción con contribución ao coidado do medio ambiente (temas de seguridade industrial e
-
sustentabilidade).
-
Información sobre tendencias de moda e estilos de vida en tempo real.
-
Optimización na cadea de distribución de acordo a mercados segmentados.
-
Minimización de produtos auxiliares.
-
Sincronización entre os diferentes compoñentes da produción de pezas terminadas.
-
Eficiencia e optimización de etapas coa externalización de actividades.
-
Mellorar a orde e organización de almacenamento.
-
Optimizar o control de abastecemento de puntos de venda, de acordo a información en tempo real.
Sector comercial
O sector comercial ou de distribución é outro clave para a aplicación de proxectos que estean vinculados coa loxística 4.0, xa que se poden obter as seguintes vantaxes:
-
Estar conectado cos clientes todo o tempo, a través de dispositivos.
-
Ampliar e combinar fontes de información.
-
Optimización de rutas de distribución.
-
Mellora de comunicación e aumento de información con clientes internos e externos.
-
Agregar valor engadido á empresa (diferenciación).
-
Utilización de tecnoloxías RFID (radiofrecuencia) para almacenamento e recuperación de datos en remoto.
-
Aumentar a flexibilidade e a adaptación con respecto ao mercado.
-
Aplicación de automatización impulsada.
-
Vixilancia constante de tendencias emerxentes.
-
Administración e bo manexo de frotas e do equipo de persoal.
-
Aplicación de ferramentas como a tecnoloxía de picking mediante visión (que utiliza a realidade aumentada nos almacéns).
-
Integración de información física con información virtual no almacén.
Sector da hostalería
Por último, a loxística 4.0 ten á súa vez gran importancia na hostalería, debido a que se pode centrar nas seguintes accións a enfocarse e realizar:
-
Mellora do servizo e a experiencia do cliente.
-
Ter mellor organización.
-
Optimización de recursos e do persoal.
-
Unha toma de pedidos en restaurantes ou reservas en hotel máis eficiente.
-
Ter hoteis con “habitacións intelixentes” e con “elementos interconectados”.
-
Facilitar métodos de pago.
-
Axustarse á personalización nas experiencias dos clientes.
En definitiva, a loxística 4.0 non só permite optimizar os procesos de produción ou xestión do negocio, senón tamén diversificalo engadindo novas actividades que poden aumentar os ingresos e facer a nosa empresa máis eficiente. Ademais, esta tecnoloxía permite ter unha relación máis directa, e nunha vía máis rápida e cómoda, cos clientes, tanto empresariais como particulares.