A Xunta publica novas axudas para comercialización e elaboración e publica as cantidades concedidas en 2018

A Xunta publica novas axudas para comercialización e elaboración e publica as cantidades concedidas en 2018

Esta semana foron anunciadas resolucións de axudas de máis de tres millóns de euros para elaboración e comercialización no sector do viño, ademais de publicarse os fondos públicos investidos en 2018 para modernización do sector primario.

A consellería do Medio Rural anunciou esta semana a resolución das axudas para a Elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, polas que máis de 3 millóns de euros se repartrán entre 53 proxectos ao longo de toda Galicia. Segundo concreta a consellería, con 27 iniciativas e 2,4 millóns de euros de investimento, Pontevedra será a provincia máis beneficiada por esta orde de axudas financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía ( Feaga) e correspondente á convocatoria 2018.

Todo iso explicouno tamén o conselleiro José González durante unha visita á adega Condes de Albarei, Cambados, na que avanzou, ademais, un aumento do 13% do orzamento para a convocatoria 2019 destas axudas.

Por outra banda, nun balance realizado pola Consellería do Medio Rural, en 2018 as axudas para modernizar o sector primario superaron 52,2 millóns de euros. A mellora de explotacións copa a maior parte do investimento. As axudas públicas para a modernización do sector primario, mellorando a produtividade das explotacións agrícolas ou facilitando a creación de empresas por parte de persoas mozas que eviten a perda de profesionais, sumaron o ano pasado 52,2 millóns de euros, achega cofinanciada entre Xunta, administración central e Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural ( Feader).

Os expedientes de solicitude destas subvencións incrementáronse un 12,4% durante 2018, segundo o balance realizado pola Consellería do Medio Rural do que informou a Xunta tras o Consello semanal. En total, aprobáronse 1.475 peticións. As subvencións destinadas a crear empresas agrarias de mozas sumaron máis de 13 millóns de euros distribuídos entre 382 expedientes, o que supuxo unha media de algo máis de 34.000 euros.

O financiamento de plans de mellora nas explotacións alcanzaron a maior parte dos ondos, con 34,8 millóns, que se repartiron entre 803 solicitudes a unha media de 43.000 euros en cada caso. Finalmente, o desenvolvemento de pequenas explotacións permitiu a 290 solicitantes acceder a fondos que sumaron 4,3 millóns, o que supuxo unha media de 13.000 euros.

Fontes:

La Opinión de A Coruña: https://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2019/02/08/tres-millones-euros-mejorar-elaboracion/1373460.html

Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/galicia/2019/02/08/ayudas-modernizar-sector-primario-superaran/2047721.html