"Para chegar ao reino da economia social"// Seminario de presentación das axendas sectoriais Turismo e TIC

"Para chegar ao reino da economia social"// Seminario de presentación das axendas sectoriais Turismo e TIC

Nova 2

O proxecto  LACES - Laboratorios de Apoio á Creación de Empresas de Emprego e Economía Social, desenvolvido a través do Programa  INTERRREG VAI España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, organizará o 17 de outubro de 2019 o seminario “Para chegar ao reino da economía social" no que se presentarán dúas axendas sectoriais preparadas no marco do proxecto transfronteirizo: a Axenda Sectorial de Turismo, realizada por  UTAD en Portugal, e a Axenda Sectorial de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), realizada por  EspazoCoop en Galicia.

A presentación das dúas axendas contará cun conxunto de invitados dos sectores cubertos polos dous estudos e terá lugar no Museo Vila  Velha, en Vila Real, entre as 9 h30 e as 12 h, complementado pola tarde cunha visita guiada por algúns sitios históricos e turísticos da cidade. O programa do evento termina cun Douro de Honra no Conservatorio Rexional de Música de Vila Real.

O seminario está aberto a todas as partes interesadas de forma gratuíta, e a inscrición para participar pódese facer a través do formulario dispoñible aquí: Formulario.