Robot que só aplica o herbicida nas malas herbas, se as hai

Robot que só aplica o herbicida nas malas herbas, se as hai

Nova 2

En Reino Unido están probando un novo robot automatizado para eliminar as malas herbas pero usando só o 5% de herbicida habitual. 

O robot, que chamaron eyeSpot, usa cámaras para identificar as malas herbas, apúntaas e aplícalles gotas precisas de herbicidas cun exector, que dispara con precisión o tratamento ás follas individuais de cada herba.

Este robot, que foi desenvolvido pola Universidade de Reading co apoio da intreprofesión británica AHDB, en a vantaxe de que aforra herbicida, o que supón un menor custo para o agriculturo e un beneficio para o medio ambiente, xa que elimina practicamente calquera dano aos organismos no obxectivo.

Os resultados preliminares das aplicacións de gotas manuais mostraron un excelente control de malas herbas e unha redución do 95% do uso de herbicidas en coles, e un 74% en allo porro.

Fonte (texto en español): https://www.agrodigital.com/2019/10/10/robot-que-solo-aplica-el-herbicida-en-las-malas-hierbas-si-las-hay/

Máis información (texto en inglés): https://ahdb.org.uk/news/eyespot-a-glimpse-into-the-future-of-weed-control