Xornadas de Peche - Proxecto LACES

Xornadas de Peche - Proxecto LACES

Nova 2
O proxecto LACES – Laboratorios de Apoio á Creación de Emprego e Empresas de Economía Social, financiado a través do programa INTERREG V-A España-Portugal ( POCTEP) 2014-2020, organiza o próximo día 18 de novembro, en formato online, as Xornadas de Peche do Proxecto Laces “Enlaces con Futuro na Economía Social”, onde será feito un balance das actividades e resultados alcanzados polos socios do proxecto en Portugal e na Galiza. O evento conta coas declaracións dos convidados Ana Olveira Blanco ( Espazocoop, USC), Rui Noivo (CES- U.Coímbra), Jordi Estivill ( U.Barcelona), Inês Sequeira (Casa do Impacto, SCML) e Cristina Parente ( U.Porto) sobre o contexto actual e perspectivas futuras da Economía Social e Innovación Social nos dous países. As xornadas terán lugar ás 15h, con transmisión na páxina do proxecto no Facebook LACES - Economía Social (@ laceseconomiasocial)